A Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PEME organiza este ano a XXVIII Edición do Premio Xove Empresario/a, co obxetivo de recoñecer e premiar a labor de aqueles emprendedores e xóvenes empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e emprego na nosa provincia.
Este XXVIII Premio Xove Empresario/a de Pontevedra está dirixido a aquelas ideas de negocio que sean lideradas por mozos e mozas da nosa provincia e sexan viables técnica e económicamente.
É por iso que AJE Pontevedra quere con este XXVIII Premio recompensar ese espíritu de loita que move a estos mozos e mozas a superar todos os obstáculos, actualiza a súa imaxe, os seus recursos e a súa enerxía en crear una empresa da que toda a sociedade se beneficia.
Este premio suporá para o xove empresario/a gañador a proxección, a través dos medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial, servindo de exemplo de superación á xuventude, mostrando que o autoemprego e a innovación no mesmo é outra posibilidade de traballo, así como reclamar en voz alta o apoio de todos, o colectivo de emprendedores e xoves empresarios, como protagonistas do presente e do futuro da nosa provincia.
PREMIOS
Esta XXVIII Edición do Premio Xove Empresario/a do Ano 2026 componse de dúas categorías e as seguintes mencións de honor:
- XOVE EMPRESARIO/A DO ANO 2026
- INICIATIVA EMPRENDEDORA DO ANO 2026
Todas as candidaturas presentadas optan a:
- MENCIÓN DE HONRA EN INNOVACIÓN
- MENCIÓN DE HONRA EN RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL
REQUISITOS
- Poderán presentarse todos aqueles xóvenes empresarios e emprendedores menores de 45 anos a 31 de Decembro do 2026.
- Xove Empresario/a do Ano 2026 empresas constituidas con anterioridade ao 01 de Xaneiro de 2025.
- Iniciativa Emprendedora 2026 debe ter un proxecto de empresa a punto de por en marcha ou empresa constituida con posterioridade ao 01 de Xaneiro do 2025.
- Ter domicilio social na provincia de Pontevedra.
- O capital social das empresas candidatas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 45 anos.
- A empresa non poderá estar participada por entidades ou empresas de titularidade pública.
- Estar ao corrente das súas obrigas fiscais, pagos de cotas á seguridade social e non ter contraída débeda algunha coa Comunidade Autónoma Galega
- Non ter solicitado declaración de concurso, non ter sido declarado insolvente ou en concurso nin estar suxeito a intervención xudicial nin inhabilitado conforme a lei concursal.
- Asistencia obrigatoria ao acto de entrega dos premios.
- Os miembros da Xunta Directiva de AJE Pontevedra quedan excluídos como candidatos ao Premio Joven Empresario/a de Pontevedra.
DOCUMENTACIÓN
Os candidatos que desexen concorrer a estes Premios deberán enviar a documentación a info@ajepontevedra.com
- Solicitude de candidatura (Anexo I)
- Declaración xurada (Anexo II)
- Memoria descritiva da actividade empresarial. (Incluindo un punto sobre as súas acción en relación RSC)
- Contas anuais do 2024 e 2025 (Empresa), Plan de viabilidad Económica (Iniciativa Emprendedora)
- DNI do candidato ou candidatos.
- Tarxeta CIF da Empresa.
- Logotipo para a difusión dos candidatos en web, redes, prensa e para o día do evento.
PRAZO DE ENTREGA
As candidaturas xunto coa documentación sinalada nas bases poderá presentarse ata o 18 de outubro ás 23:59h.
ACTO DE ENTREGA
Os premios entregaranse nunha gala con motivo do XXVI PREMIO XOVE EMPRESARIX DO ANO que terá lugar o xove 22 de outubro, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural de Tenorio, Lugar, s/n, 36120 A Torre Vella.
Comentarios recientes