Seleccionar Página

Quiénes Somos

  1. Que é AJE Pontevedra?

Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE Pontevedra)

A Asociación Provincial de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE Pontevedra) é unha organización sen ánimo de lucro con ámbito provincial, con personalidade xurídica propia, así como con autonomía económica e administrativa e plena capacidade de obrar, que nace no ano 1989 por iniciativa dun grupo de persoas con inquietudes empresariais definidas en torno ós xóvenes.

Forma parte da Confederación Española de Asociaciones de Jóvenes Empresarios (CEAJE), Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE GALICIA), da Confederación Empresarios de Galicia (CEG) e da de Empresarios de Pontevedra (CEP), entre outros.

A enorme diversidade de empresas asociadas obrigou dende 1989 que se creou  AJE Pontevedra a intentar prestar uns servizos multisectoriais e polivalentes, sendo o sector terciario (empresas comerciais, de transporte e de servizos) o basicamente presentado. O ámbito de actuación da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra é a provincia de Pontevedra.

AJE identificase tanto co xóven empresario como coa a xóven empresa, o seu espírito dinámico, innovador, a súa capacidade de asumir riscos, implantar novos métodos de traballo e novas tecnoloxías.

Queremos agrupar neste colectivo a xóvenes con espírito emprendedor desenvolvendo o seu proxecto de empresa a través do servizo de “autoemprego”, dándolle o apoio preciso para que a súa idea sexa unha realidade. Para iso un dos fins prioritarios ós que se enfronta AJE Pontevedra, día a día, é principalmente fomentar e apoiar os proxectos máis innovadores, así como asesorar xurídica e economicamente non só ós asociados, senón tamén a aqueles xóvenes que desexan iniciar unha actividade empresarial.

  1. Obxectivos da Asociación

A finalidade da Asociación é a de representar, xestionar e defender os intereses profesionais dos seus asociados, atendendo as súas necesidades de información, formación e asesoramento.

Os obxectivos primordiais que se perseguen neste colectivo son:

Proporcionar información e asesoramento en materia empresarial, labor que se complementa mediante formación, conferencias, sesións de traballo, coloquios e, en definitiva, cantos actos poidan contribuír ó seu perfeccionamento en canto a filosofía e técnicas en empresa; todo isto co obxectivo de impulsar intereses empresariais, económicos, sociais e culturais comúns do seus membros.

Programar e impartir formación profesional preferentemente non regrada, ocupacional e continua dos traballadores para que manteñan o seu nivel de coñecementos actualizados e adaptado á realidade social, económica e laboral cambiante.

Fomentar e apoiar proxectos empresariais dos seus membros.

Promover e impartir a formación dirixida á inserción social e/ou mellorar profesional dos xóvenes, principalmente dos que teñen maiores dificultades por carencias educativas, culturais, económicas e de adaptación social.

Facer valer a opinión dos asociados ante os distintos organismos oficiais, promovendo todo tipo de accións que redunden no beneficio da provincia.

Proporcionar o asesoramento xurídico, económico, financeiro e técnico que precisen, incluíndo a edición de boletíns e circulares de información ou servir de centro de documentación e recopilación de datos que sexan de interese para os seus asociados.

Fomento e difusión da cultura emprendedora.

Promover a convivencia entre os xóvenes asociados.

Defender a imaxe do empresario no marco da libre empresa.

  • Informar sobre as líñas de axudas empresariais.
  • Colaborar na loita entre as desigualdades entre sexos promovendo accións e participando en iniciativas para a igualdade de oportunidades entre as persoas.
  • Xerar emprego a través do deseño de proxectos sostibles en función do recursos endóxenos e dos denominados “novos xacementos de emprego”.
  • Fomentar o asociacionismo.
  • Establecer e manter relación constante con organismos oficiais, corporativos e colexiados, tanto provinciais, autonómicos, nacionais ou do estranxeiro, e especialmente relacionados coa nosa actividades, tales como Consellerías da Comunidades Autónoma de Galicia, Ministerios da Administración Central, Corporacións Provinciais e Locais, etc…, colaborando con eles en todas as xestións que se realicen, cando redunden en beneficio dos asociados.

Realízase unha gran labor á hora de organizar e levar a cabo foros empresariais, seminarios, charlas, encontros e todos aqueles actos ou eventos que axuden tanto ós empresarios como ós potenciais emprendedores a coñecer o novo entorno no que se moven, unha realidade cada vez máis globalizada e universal, onde a información é fundamental. Con este finalidade abránguese unha gran variedade temática, procurando sempre ter en conta aqueles feitos máis recentes e de maior repercusión.

Semanalmente infórmase a través dunha circular de todos os foros, feiras e misións comerciais que se realizan, non só en Galicia senón tamén en diversos países.

  1.  Misión, Visión e Valores

Misión:

Aje Pontevedra fomenta o talento emprendedor na sociedade. Dende a independencia axudamos aos nosos asociados a crear e consolidad as súas empresas proporcionando os medios técnicos, humanos e loxísticos necesarios, así como a potenciar una nova cultura emprendedora e innovadora.

Visión:

Conseguir que Pontevedra sexa un referente na innovación e no emprender.

Valores:

Flexibilidade: Capacidade de adaptación mutua ás circunstancias mediante unha resposta comprensiva e tolerante para conseguir unha iniciativa estratéxica común.

Equidade: Ser equitativo de acordo ás aportacións e resultados obtidos, valorando a contribución individual e colectiva coa aplicación de criterios e dende o respecto.

Respecto: Capacidade de empatía e comunicarnos de manera acertada , existindo reciprocidade  e xenerosidade mutua.

Innovación: Capacidade para crear e aportar novas ideas e dende a acción que melloren e transformen o xa existente xerando un valor añadido.

Honestidade: Coherencia entre o que pensamos, transmitimos e realizamos mediante un comportamento que responda os principios de transparencia, integridade e ética.