Premio Joven Empresario

 

Cartel AJE Premio Xove Empresario do ano 2017-001

 

XXII PREMIO XOVE EMPRESARIO DO ANO PONTEVEDRA

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PEME organiza este ano a XXII Edición do Premio Xove Empresario, co obxetivo de recoñecer e premiar a labor de aqueles emprendedores e xóvenes empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e emprego na nosa  provincia.

Este XXII Premio Xove Empresario de Pontevedra está dirixido a aquelas ideas de negocio que sean lideradas por mozos da nosa provincia e sexan viables técnica e económicamente.

É por iso que AJE Pontevedra quere con este XXII Premio Xove Empresario recompensar ese espíritu de loita que move a estos mozos a superar todos os obstáculos, actualiza a súa imaxe, os seus recursos e a súa enerxía en crear una empresa da que toda a sociedade se beneficia.

Este premio suporá para o xove empresario gañador a proxección, a través dos medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial, servindo de exemplo de superación á xuventude, mostrando que o autoemprego e a innovación no mesmo é outra posibilidade de traballo, así como reclamar en voz alta o apoio de todos, o colectivo de emprendedores e xoves  empresarios, como protagonistas do presente e do futuro da nosa provincia.

PREMIOS

Esta XXII Edición do Premio Xove Empresario do Ano 2017 componse de dúas categorías e as seguintes mencións de honor:

  • XOVE EMPRESARIO DO ANO 2017:dotado en función das súas necesidades e da súa actividade dunha oficina ou dunha nave no polígono industrial de Barro –Meis, con vixencia dun ano prorrogable a dous; ordenador persoal HP; una bolsa de Galicia Business School para cursar o MBA part time, valorado en 9.950€;  un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.

  • XOVE EMPRENDEDOR DO ANO 2017:dotado con aloxamento  gratuíto durante un ano nun dos viveiros do Consorcio da Zona Franca de Vigo;  ordenador persoal HP;   bolsa de Galicia Business School para cursar o MBA part time, valorado en 9.950€; un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.

Todas as candidaturas presentadas optan a:

  • ACCESIT INNOVACIÓN: Un iPad; cheque de 1.000€ para formarse en calquera dos programas que se imparten en Galicia Business School, ou si prefíreno, bolsa desconto do 50% das taxas académicas no programa que desexen; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.

  • ACCESIT CREACIÓN DE EMPREGO: Un iPad; cheque de 1.000€ para formarse en calquera dos programas que se imparten en Galicia Business School, ou si prefíreno, bolsa desconto do 50% das taxas académicas no programa que desexen; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.

 

  • ACCÉSIT AO EMPRESARIO CON DISCAPACIDADE: Un iPad; cheque de 1.000€ para formarse en calquera dos programas que se imparten en Galicia Business School, ou si prefíreno, bolsa desconto do 50% das taxas académicas no programa que desexen; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.

 

  • Premio Honorífico ao empresario de recoñecido prestixio da provincia de Pontevedra.

  • Todas as candidaturas presentadas optarán a un dos dous postos do espazo do Centro de Emprendemento (CEM) na Cidade da cultura, adecuados para a súa adaptación a actividade prevista durante un periodo de 1 ano sen costo, en renda e gastos de comunidade, salvo os gastos correntes/privativos que xere o propio negocio e as responsabilidades que da propia actividade se deriven.

  • Galicia Business School ofrece a Bolsa-emprendedor a todos aqueles candidatos ao premio emprendedor. Asume o 70% do custo do seu MBA ou Master de Marketing.

  • Ademáis todos os candidatos aos premios recibirán un diploma de participación.

 

REQUISITOS

 Poderán presentarse todos aqueles xóvenes empresarios e emprendedores con data de nacemento non anterior ó 31 de Outubro de 1976.

  • Xove Empresario do Ano 2017 empresas constituídas con anterioridade ao 30 de Abril de 2016.

  • Xove Emprendedor do Ano 2017 debe ter un proxecto de empresa a punto de por en marcha ou empresa constituída con posterioridade ao 30 Abril de 2016.

  • Ter domicilio social na provincia de Pontevedra.

  • O capital social das empresas candidatas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos.

  • A empresa non poderá estar participada por entidades ou empresas de titularidade pública.

  • Estar ao corrente nas súas obrigas fiscais, pagos de cotas á seguridade social e non ter contraída débeda algunha coa Comunidade Autónoma Galega

  • Non ter solicitado declaración de concurso, non ter sido declarado insolvente ou en concurso nin estar suxeito a intervención xudicial nin inhabilitado conforme a lei concursal.

  • Asistencia obrigatoria o acto de entrega dos premios.

DOCUMENTACIÓN

 Os candidatos que desexen concurrer a estes Premios deberán enviar a  documentación a info@ajepontevedra.com (dende o luns 9 de outubro ata o 29 de outubro, ás  23:59h.)

  • Solicitude de candidatura asinada que poderán conseguir na sede de AJE Pontevedra ou descargala na páxina web ajepontevedra.com

  • Memoria descritiva da actividade empresarial.

  • DNI do candidato ou candidatos.

  • Tarxeta CIF da Empresa.

  • Escrituras de Constitución da Empresa, estatutos e modificacións posteriores.

  • Logotipo para a difusión dos candidatos en web, redes, prensa e para o día do evento.

  • Acreditación da discapacidade (se corresponde).

PRAZO DE ENTREGA

 As candidaturas xunto coa documentación sinalada nas bases poderá presentarse dende o luns 9 de outubro ata o 29 de outubro, ás  23:59h.

  

ACTO DE ENTREGA

 Os premios entregaranse nunha gala con motivo do XXII PREMIO XOVE EMPRESARIO DO ANO que terá lugar o martes 31 de outubro, ás 20:30 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

CONFIDENCIALIDADE

Garantizarase a confidencialidade das candidaturas presentadas. Poderase difundir as características xerais das mesmas e, no seu momento, o nome, a súa actividade, logros, así como as persoas do equipo promotor.

Coa presentación da candidatura autorizase á organización a acceder ás bases de datos que permitan contrastar a información presentada.

PREMIO XOVE EMPRESARIO DO ANO PONTEVEDRA

A Asociación de xóvenes Empresarios de Pontevedra é unha organización de ámbito provincial, con carácter multisectorial e sen ánimo de lucro, constituida no ano 1989 por iniciativa dun grupo de persoas con inquietu­des empresariais definidas entorno os mozos.

Ó longo de tres décadas, AJE Pontevedra apoiou ós xóvenes emprendedores e empresarios mediante a or­ganización de actos propios como en colaboración coa Administración Pública e outras entidades privadas. Di­tas accións de apoio incidiron dende os primeiros pasos para a constitución da empresa ata a súa consolidación, incluíndo a xestión de liñas de financiamento sen contribucións de garantías.

A nosa misión é a de promover e espertar vocacións empresariais e defender os intereses dos xóvenes empre­sarios, creando e favorecendo o marco adecuado para o correcto desenrolo empresarial.

Desexamos axudar ós xóvenes a ter éxito a través da mellora constante no desempeño das súas actividades, como medio máis eficaz de avanzar en liña cun desenro­lo sostible e enriquecedor, persoal e profesional.

Queremos contribuir a formar empresarios con valor para aceptar o desafio de desenrolar novas ideas, capa­ces de mellorar as cualidades persoais e das habilidades dos seus colaboradores e de asumir o risco inherente a unha actividade en constante movemento.

 

Para descargar Solicitude: 

BOTONES EMPRENDEDOR-001

BOTON EMPRESARIO-001